Viveiros Adoa

Actividade Económica




Os escolares percorren os distintos departamentos que conforman as instalacións de Viveiros Adoa situado na subida á Universidade de Vigo, onde se achegarán á plantación que se atopa no viveiro e recibirán nocións sobre as súas características esenciais e os coidados que requiren as distintas especies arbóreas e plantas. Todo iso na procura de sensibilizar o alumnado na problemática medioambiental e o necesario respecto e coidado da nosa flora.

Nos invernadoiros de interior e exterior, reciben explicacións e coñecen de preto arbustos, árbores froiteiras, plantas acuáticas, palmeiras, olivos, céspede precultivado, diversidade de plantas ornamentais de interior... Así como o mecanismo de funcionamento dos sistemas de regadío nos teitos dos invernadoiros.

No departamento de maquinaria, utensilios e complementos de xardinería; o alumnado pode observar os distintos produtos para cada tipo de árbore e planta, aparellos para a construción e mantemento de xardíns, e recibe finalmente unha planta para levar á aula e responsabilizarse do seu coidado.

Na sección de animais de compañía, o alumnado recibe explicacións sobre as características das mascotas: coellos, cans, hamsters, paxariños, tartarugas, peixes … e os seus pertinentes coidados.

Obxetivo xeral

Adquirir un coñecemento xeral sobre as características das distintas especies arbóreas, prantas e os produtos que se atopan no viveiro.

Obxetivos específicos

Diferenciar tipoloxías das prantas atendendo ás súas características principais.
Sensibilizar o alumnado coa problemática medioambiental e o cambio climático, fomentando actitudes de respecto polo noso contorno inmediato e pola natureza.
Recoñecer outras actividades que pode acometer un viveiro na realización de deseños, organización e mantemento de xardíns.
Coñecer de preto algúns animais domésticos e exóticos, na súa función de mascotas, incentivando o respecto por estes seres vivos.




Características

Nivel
2º ciclo de Primaria, 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria, 2º ciclo de Secundaria

Alumnos
30 max.

Duración
1 h. 30 m. - 10:30 a 12:00 h

Recursos:

Situación

Monitoraxe
Externo

Transporte

Organización

Contacto



 

Acerca | Condicións de uso | Normas do programa | Contacto | RSS

Concello de Vigo