Vila de Bouzas

Patrimonio cultural




Na visita á vila de Bouzas poderase observar e coñecer a estrutura urbana e a vida cotiá dun barrio que é unha antiga vila mariñeira.

O percorrido comeza no mercado da vila, á beira da antiga praia ocupada agora pola industria naval, e alí, ademais de visitar os postos de peixe, carne e froitas, aproveitando as fotos antigas da vila que adornan o mercado, falamos de como era Bouzas hai máis de cen anos e como variou co paso do tempo.

Tras saír do mercado, dirixímonos á Alameda –antigo campo das redes-e hoxe lugar de lecer e paseo; aquí falamos da importancia dos espazos públicos de lecer no medio urbano, da ocupación dos espazos abertos e dos lugares de encontro da xente da vila.

Deixamos a Alameda e adentrámonos nas rúas do casco histórico, onde descubrimos a estrutura urbana dunha vila antiga, coas súas rúas estreitas, os diferentes tipos de edificacións, os nomes das rúas, …

A visita remata no paseo da praia, tras pasar pola igrexa de S. Miguel Bouzas, do século XVII, na que identificamos elementos propios destas edificacións. No paseo observamos e recoñecemos as diferentes industrias derivadas das actividades relacionadas co mar –estaleiros, terminal de transbordadores, embarcacións tradicionais. Falamos tamén de actividades propias e identificatorias da vila –a tradición mariñeira, o Rápido de Bouzas, os faluchos…

Na praia, se o tempo o permite, merendamos antes de voltar ao cole.

Obxectivos xerais

Coñecer de cerca unha antiga vila mariñeira, a súa evolución e as actividades que se desenvolven nela na actualidade.

Obxectivos específicos

Visitar o mercado e observar os distintos tipos de alimentos que se venden nel.
Achegarse ás rúas e espazos públicos da antiga vila e observar como era e como variou co paso do tempo.
Descubrir costumes e actividades características da zona.
Gozar do paseo pola praia e valorar a importancia da natureza na vida cidadá.




Características

Nivel
Infantil, 1º ciclo de Primaria, 2º ciclo de Primaria, Educación especial

Alumnos
30 max.

Duración
1 hora 30m. – 10:30 a 12:00

Recursos:

Situación

Monitoraxe
Vigo por dentro

Transporte

Organización

Contacto



 

Acerca | Condicións de uso | Normas do programa | Contacto | RSS

Concello de Vigo