Planta de reciclaxe industrial "Toysal"

Actividade Económica




Visita á planta de residuos industriais do grupo Toysal no polígono industrial do camiño do Caramuxo. Realízase por persoal da empresa, acompañado por unha monitora de vigopordentro.

A visita móstranos a cantidade e diversidade de residuos xerados nunha cidade industrial, como é Vigo. Aprendemos como os produtos de refugallo, aparentemente inservíbeis, e altamente perxudiciais para o medio ambente, poden reutilizarse ou, co tratamento adecuado, transformarse en materia prima.

Durante o percorrido, desde a praia de descarga de residuos, até a estiba en camións, descubrimos moitos materiais fáciles de identificar, tales como plásticos, papeis, cartóns, latas, vidros, tetrabriks, orgánicos, …

A selección e clasificación dos residuos, son procesos que precisan dunha adaptación adecuada de espazos, maquinaria, e transporte axeitado a cada residuo. A pranta conta cunha impresionante prensa hidráulica que facilita o empaquetado dos residuos, cabinas de selección, etc.

Xa no autobús, a monitora orienta os alumnos cara a un consumo responsábel, e a utilizar correctamente os contedores de reciclaxe da cidade.

Obxetivo xeral

Coñecer o proceso de xestión dos residuos industriais nunha planta de transferencia.

Obxetivos específicos

Os materiais aptos para a reciclaxe e a maquinaria utilizada no proceso de clasificación.
Entender a importancia do desenvolvemento sostíbel.
Orientar cara ao consumo responsábel e o aforro de enerxía.
Reflexionar sobre os beneficios da reciclaxe para o medioambiente.
Diferenciar entre planta de transferencia e planta de reciclaxe.




Características

Nivel
3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria, 2º ciclo de Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos

Alumnos
30 max.

Duración
1h. - 10:30 a 11.30 h.

Situación

Monitoraxe
Externo

Transporte

Organización

Contacto



 

Acerca | Condicións de uso | Normas do programa | Contacto | RSS

Concello de Vigo