Xardíns históricos do Pazo Quiñones de León

Patrimonio cultural




Comezamos a visita na porta principal do recinto do Museo de Castrelos, facendo unha contextualización histórica do pazo, o seu significado social e económico e os seus elementos formais característicos.

Farase unha explicación da orixe do xardín histórico e das distintas zonas que o compoñen, que comezan na propia fachada, nada máis traspasar a cerca.

Imos realizar un itinerario que percorrerá cada unha dos distintos espazos, con características moi marcadas que representan diferentes estilos: xardín de acceso, xardín francés, xardín inglés, rosaleda e bosquete.

Escolleremos algunhas especies significativas e cercanas para os escolares, que nos servirán para ir guiando a visita, poñendo sempre exemplos das diferentes especies de árbores e arbustos.

Tamén fixaremos a atención nos elementos artísticos: as esculturas, fontes, restos arquitectónicos e brasóns que compoñen o xardín e contribúen a contextualizar cronoloxicamente o lugar.

Obxetivos xerais

Achegarse ao importante xardín histórico situado ao redor do Pazo-Museo Quiñones de León, clave para comprender a realidade social na que se enmarcaba.
Realizar un itinerario para coñecer as principais zonas do xardín histórico do Pazo, que se corresponden con correntes paisaxísticas internacionais.

Obxetivos específicos

Aprender características básicas de cada zona do xardín histórico e sobre os estilos e técnicas de xardinaría utilizados.
Proporcionar coñecementos sobre o noso clima e as adaptacións das árbores e plantas.
Identificar e diferenciar especies de árbores e arbustos.
Sensibilizar o alumnado coa importancia histórica e natural do xardín do Pazo Quiñones de León.
Proporcionar pautas de comportamento respectuoso nos xardíns e o gusto polo coidado de plantas e árbores.
Constatar como chegaban á cidade as modas do estranxeiro en disciplinas como a xardinaría, e coñecer cales eran os países emisores e os transmisores.




Características

Nivel
1º ciclo de Primaria, 2º ciclo de Primaria, 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria, 2º ciclo de Secundaria

Alumnos
30 max.

Duración
1h30m. - De 10:30 a 12:00h

Recursos:

Situación

Monitoraxe
Vigo por dentro

Transporte

Organización

Contacto



 

Acerca | Condicións de uso | Normas do programa | Contacto | RSS

Concello de Vigo