O Departamento de Didáctica do MARCO presenta para as últimas tres semanas deste curso escolar visitas guiadas e obradoiros relacionados coa exposición Voando cara a Terra, inaugurada o 21 de maio nas salas do 1º andar do museo.
A exposición reúne a varios artistas contemporáneos que a través de diferentes temas, técnicas, e materiais presentan as súas creacións. A partir dunha selección das pezas, falarase sobre que é a arte e que é un artista, como traballan e por que crean as súas obras.
A actividade consiste nun percorrido a través das obras seleccionadas polo departamento de didáctica para desenvolver a visita en función das idades e dos contidos que se intentan transmitir.
A experiencia complétase cun obradoiro no ‘Laboratorio das artes’, o espazo de didáctica do museo no primeiro andar.
O obradoiro está dirixido a escolares de Infantil e Primaria co título A arte polo Aire e nel preténdese potenciar a creatividade dos participantes a través da realización dun proxecto colectivo, creando representacións que suxiran unha mirada á terra dende o ceo.
Descargar o avance do programa para Infantil e Primaria
Para solicitar as actividades:
Tel. 986 113900 /11
Contacto: Pilar Souto
11.06.10 | Publicado por M.O. | Opina