Presentaranse catro alumnos por centro no caso do instituto Santa Irene, a Compañía de María, o instituto dos Rosais II, o instituto do Castro e un alumno do colexio Rosalía Castro.
Trátase da sexta edición deste certame, que organizan de forma conxunta o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia para alumnos de segundo curso de Bacharelato. Os participantes enfrontaranse a unha proba teórica tipo test e a unha proba práctica dos contidos de Bioloxía da ESO, de primeiro e segundo de Bacharelato, centrados na base molecular e físico-química da vida.
Os tres gañadores da fase galega representarán á Comunidade Autónoma na fase final nacional, que se celebrará durante o próximo mes de abril en Granada. Cada unha das tres universidades galegas concederá unha axuda de 300 euros aos gañadores por matricularse en calquera das súas facultades.
A provincia que achega máis concursantes á Olimpíada é a da Coruña, con 54 alumnos, seguida de Pontevedra cun total de 37.
14.01.11 | Publicado por Jordi Castro | Opina