Nove son os colexios de toda España que cada ano premia o Ministerio de Educación por considerar que son os que máis tempo e esforzo dedican a potenciar as boas prácticas para dinamizar as bibliotecas escolares. Vigo recibirá nesta ocasión un deses premios despois de que o Instituto Manoel Antonio acredite que a súa biblioteca está entre as mellores do país.
Detrás deste recoñecemento, que leva aparellado un cheque de 7.000 euros, están Antonio Fernández e Xoán Mariño, que hai sete anos recibiron o encargo de revitalizar o que se consideraba «unha nave despezada cun motor iductor morto». Neste tempo non só conseguiron transformar por completo o espazo, senón a filosofía de traballo.
Especialmente valioso foi o apoio do director, Manuel Hermo “«Se queremos saír ben parados nos informes Pisa hai que investir», di”, que non só apostou forte polo servizo, senón que está a conseguir involucrar á práctica totalidade do claustro no proxecto. No últimos catro anos o investimento realizado supera os 40.000 euros.
O xiro de 180 graos que deu a biblioteca do Manuel Antonio desde Fernández e Mariño tomaron as rendas non foi fácil. Segundo recoñecen, cando se puxeron á tarefa non sabían por onde empezar, e non tanto porque asumisen facerse cargo dun colector sen contido e practicamente sen asignación económica, senón porque entón «pode dicirse que non sabiamos o que era unha biblioteca», afirman. A día de hoxe é o motor educativo do centro con máis que interesantes ramificacións no exterior.
«A maior parte das actividades culturais viran ao redor da biblioteca, o que se está traducindo nunha mellor capacidade lectora e lingüistica dos alumnos», explica Hermo, que engade que, entre outras iniciativas, han instituido dentro do horario lectivo o que denominan A hora de ler. Son dúas clases por semana. Non menos rechamantes son as ramificacións externas ás que antes se facía referencia. Practicamente pegado como está o centro á residencia da Terceira Idade do Meixoeiro, propuxéronse involucrar aos avós no club de lectura. De momento participan unha ducia de maiores. Hai uns meses, cando constataron que o soño se estaba facendo realidade pedíronlle a Fernández del Riego que lles permitira pór o seu nome á biblioteca, permiso que deu encantado, aínda que a súa delicada saúde xa non lle permitiu asistir á colocación da placa.
2.02.11 | Publicado por Jordi Castro | Opina