Moitos profesores utilizan Internet como recurso docente. Nunha primeira fase, os profesores simplemente trasladaban a formato dixital os seus materiais, recursos e enlaces. Actualmente Internet ofrece aos profesores unha ampla variedade de ferramentas e aplicacións que melloran as posibilidades de comunicación e colaboración. Unha destas ferramentas son os Blogs.
A versatilidade do formato blog como ferramenta de xestión e publicación de contidos na Web ofrece diversas posibilidades de uso educativo que cada vez máis docentes van descubrindo e experimentando. Esa flexibilidade, xunto coa súa sinxeleza de manexo, permite que se poidan “adaptar a calquera disciplina, nivel educativo e metodoloxía docente”.
13.10.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina