As Nacións Unidas proclamaron o 22 de Maio como o Día Internacional da Diversidade Biolóxica (IDB) para aumentar a comprensión e o coñecemento das cuestións relativas á diversidade biolóxica.
Cando foi creado primeiramente pola Segunda Comisión da Asemblea Xeral da ONU a fins de 1993, o 29 de decembro (a data de entrada en vigor do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica), foi designado o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.
En decembro de 2000, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou o 22 de maio como o Dìa Internaiconal da Diversidade Biològica, para conmemorar a aprobación do texto do Convenio o 22 de maio de 1992 no Acto Final da Conferencia de Nairobi para a Aprobación do Texto Acordado do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica.
Isto foi feito en parte porque foi difícil para moitos países planificar e levar a cabo celebracións adecuadas para a data do 29 de decembro, tomando en conta do número de días festivos que coinciden ao redor desta época do ano.
20.10.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina