O Proxecto Terra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuir a mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da nosa Arquitectura e da nosa Identidade Territorial.
Entre outras opcións, o Proxecto Terra O Proxectoterra oferta aos centros educativos:
Ofértanse aos centros de ensino secundario visitas guiadas de arquitectura e cidade a cada unha das sete cidades galegas. Con elas pretendemos que o achegamento á arquitectura contemporánea se faga a través da vivencia dos espazos que nos propoñen as significativas mostras que desta arquitectura temos no noso país, desenvolvendo neles, na medida do posible, a actividade para as que foron creados.
Ir á páxina de visitas guiadas
Estes intercambios teñen por obxecto que o alumnado sexa consciente da diversidade do noso territorio, contribuíndo a que o máis próximo non sexa o máis descoñecido. O territorio construído, as distintas escalas de asentamento — a parroquia, a aldea, a vila, a cidade e a área metropolitana — así como a súa evolución ao longo do tempo, serán obxecto de estudo reforzado coa nosa presenza no lugar
Ir á páxina de intercambios territoriais
16.09.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina