Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués MingosTeixeira, continúa o seu exitoso percorrido, co firme propósito de contribuír a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento á arte no contexto escolar.
Esta proposta educativa concreta a dinamización da Mostra Itinirante 2010 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no campo artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.
6.10.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina