O Departamento de Educación xunto coa Escola Municipal de Teatro programan para os meses de xuño e xullo 3 obradoiros de Teatro co obxectivo de introducir no mundo das artes escénicas a aqueles adultos a partir de 17 anos, interesados nesta arte creativa.
Estes obradoiros, que terán un compoñente fundamentalmente práctico, versarán en torno a materias como a creación escénica, a presenza escénica, a maquillaxe e caracterización teatral.
O primerio obradorio “MAQUILLAXE E CARACTERIZACIÓN TEATRAL”, entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, de 17:00 a 21:00 horas, pretende proporcionar aos asistentes o coñecemento necesario sobre os productos e utensilios usados neste oficio, así como as diferentes técnicas aplicadas ao maquillaxe e a caracterización teatral.
O segundo obradoiro “CREACIÓN ESCÉNICA”, do 5 ao 9 de xullo, de 17:00 a 21:00, afrontará ó proceso de creación na escena co obxectivo de ao alumno/a na procura doutros camiños para a creación do espectáculo a partir de situacións cotiás
O terceiro e último obradoiro “PRESENZA ESCÉNICA”, desenvolverase nas dastas comprendidas entre o 12 e o 16 de xullo, de 17:00 a 21:00, afronta a problemática da presenza do actor na escena, a do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo e dos outros, o uso das emocións, intencións, contradiccións e subtexto.
O prazo de preinscrición comezará o luns 14 de xuño e finalizará o o martes 22 de xuño. As preinscripcións poderán facerse no Servizo de Educación do Concello de Vigo en horario de mañá, ou nas instalacións de Escola Municipal de Teatro en horario de tarde de 17:00 a 20:00 horas.
Para máis información pódese contactar no 986447400 ou 986485324, na Escola Municipal de teatro de Vigo ou a través do correo electrónico da Escola.
15.06.10 | Publicado por M.O. | Opina