O blog



Imos ao Xardín Arboretum


O pasado 20 e 26 de abril os nenos de 4 anos da Escola Rosalía de Castro acompañados dos nosos profesores Javier e Isabel, fixemos unha visita á Fundación Sales un xardín botánico no que descubrimos unha chea de plantas e árbores distintas, algúns de lugares moi afastados pero que na nosa cidade, Vigo, crecen e florecen como no seu lugar de orixe grazas aos coidados dos xardineiros de Sales e ao clima suave da nosa cidade.

Paseamos entre as flores de tempada coas súas vistosas cores (violas, tajetes, alegrías). Descubrimos os agradables cheiros das árbores froiteiras, da glicinia, das aromáticas como o tomiño e a lavanda…

Observamos a vida que se esconde no bosquete, aventurámonos entre o bambú, tocamos plantas e árbores de distintas texturas: como rasca o tronco do carballo, que suave é a orella de lebre.

Nos seus preciosos estanques escoitamos o son das ras e descubrimos as estratexias dalgunhas plantas para adaptarse aos lugares: os flotadores do xacinto de auga, a colonia que forma a lentella de auga…

Finalizamos a visita no invernadoiro, ese lugar onde as plantas “non pasan frio” coa temperatura e a humidade que necesitan.

Despois de ver ás carnívoras que tanto nos gustan, plantamos unha hortaliza: o allo, que levamos para casa unha vez aprendidos os coidados que necesitan: a luz do sol a auga e o noso agarimo.

Na aula ,cos nosos profesores elaboramos cada un o noso libro de visita coas fotos que fixeron os profes e os debuxos que fixemos nós.

¡¡ UN DIA ESTUPENDO !!

María Heras. Monitora de vigopordentro

Compartir



1.06.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina

Opina








Axuda co Textile


Arquivo do blog



2011
01 de Xullo: Guía didáctica de instrumentos galegos
08 de Xuño: Caperucita camiña sola
12 de Maio: Trocando os paradigmas educativos
02 de Maio: Día da Terra
06 de Abril: Premio COAG arquitectura efémera
23 de Marzo: Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor
15 de Marzo: Entrevista con Ken Robinson
07 de Marzo: O instante detido
28 de Febreiro: Arte na Aula 2011
23 de Febreiro: Laboratorio Municipal de Vigo
17 de Febreiro: Diccionario visual interactivo en inglés
10 de Febreiro: Pequetic
02 de Febreiro: Unha das mellores bibliotecas escolares de España está en Vigo
27 de Xaneiro: Galicia Bocaberta
19 de Xaneiro: Bibliotecas escolares de Galicia
14 de Xaneiro: Vigo participa con 17 alumnos na Olimpiada de Bioloxía
04 de Xaneiro: RIATE, Rede Iberoamericana de TIC e Educación
2010
20 de Decembro: Galiciencia 2010
14 de Decembro: Vigo Vello / Vigo Novo
09 de Decembro: Informe PISA 2009
02 de Decembro: O recuncho do mestre
22 de Novembro: Navega con rumbo
14 de Novembro: O colexio vigués Sobreira-Valadares, premiado polo Ministerio do Interior
08 de Novembro: Proxecto Abalar
28 de Outubro: Contidos educativos
20 de Outubro: ¿Qué é a biodiversidade?
13 de Outubro: ¿Qué é un blog?
08 de Outubro: Comezamos o curso!!
06 de Outubro: Programa "Arte na Aula"
30 de Setembro: Pantallas amigas
23 de Setembro: Eduga, revista galega do ensino
16 de Setembro: Proxecto Terra
10 de Setembro: Proxecto Gauss
06 de Setembro: Comeza o curso 2010 - 2011
15 de Xuño: Obradoiros de Teatro no verán
11 de Xuño: Voando cara a Terra
08 de Xuño: PequeTIC
03 de Xuño: Alumnos de 7 centros escolares de Vigo cultivan hortas ecolóxicas
01 de Xuño: Imos ao Xardín Arboretum
24 de Maio: I Xornadas de Teatro Escolar
22 de Maio: En memoria da aula ao aire fresco
17 de Maio: O colexio Frián-Teis premiado pola aplicación de novas tecnoloxías no ensino
11 de Maio: Os mellores videos educativos
03 de Maio: Unidades didácticas do Salinae
27 de Abril: matemáTICas
26 de Abril: Vigopordentro agora no Facebook
20 de Abril: Xogar e aprender en Vigo
15 de Abril: Leer.es
12 de Abril: Modela a túa cidade en 3D
05 de Abril: "A viaxe a Grecia", mellor material educativo 2009

Subscrición á lista de distribución



Para estar ao día das novidades subscríbete á lista de distribución. Recibirás información actualizada do que está a suceder en Vigopordentro.









Interesado en participar no blog?

Se tes interese en participar no blog cos teus artigos ou anotacións, ponte en contacto con nós.