O blog



Galiciencia 2010

galiciencia

Un sistema de climatización mediante fiestras con cámara de auga, deseñado polas alumnas do colexio Gillelme Brown de Ourense Ana Esteban e Uxía Fernández, gañou o primeiro premio de Galiciencia 2010, a feira científica organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia.

O proxecto impúxose na categoría de segundo ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e tamén foi seleccionado como o mellor traballo global do certame, ao lograr maior puntuación que os outros dous gañadores, do primeiro ciclo de ESO e de Bacharelato.

Paloma Bravo Bueno e Belén Martín de Vicente, do colexio As Acacias de Vigo, gañaron o premio do primeiro ciclo da ESO. Nuria Sánchez Mosteiro e Andrea García Sagastibeltza, da Anunciata Ikastetxea, de Guipúzcoa, impuxéronse na categoría de Bacharelato.

O director xeral de I D i da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capela, e o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, entregaron a cada un dos integrantes dos tres equipos gañadores un miniordenador portátil. Os gañadores absolutos terán a maiores unha viaxe pagada a unha feira científica de ámbito estatal.

O obxectivo do proxecto gañador, presentado por Ana Esteban Baloira e Uxía Fernández Bustillo, é atopar un método mediante o cal póidase controlar a temperatura das estancias dunha vivenda, usando auga nas fiestras. Para iso utilízanse fiestras con dobre cristal, a modo de recipiente, no que se introduce auga. Dependendo da temperatura exterior, do grao de insolación e da cor da tinta que se empregue no circuíto, pódese modificar o confort da habitación.

O proxecto gañador correspondente á categoría de primeiro ciclo da ESO, de Paloma Bravo e Belén Martín de Vicente, consiste na realización de medidas de resistividad dun material, a mina do lapis, formada por unha mestura de grafito con outras sustancias.

O traballo do equipo gañador de Bacharelato consiste nunha análise física, químico e microbiológico da auga do río Zubitxo e da calidade da paisaxe da súa contorna. Mediante este proxecto, os autores demostraron que a recuperación ambiental non é unha utopía, senón que pode ser unha realidade, grazas ao esforzo e a colaboración dos cidadáns co Concello de Lezo.

Ana Esteban, con 14 anos de idade, explicaba ao finalizar o acto que, co seu proxecto, intentan “controlar a temperatura dunha estancia, introducindo auga de diferentes cores, en fiestras de dobre cristal, e dependendo das calidades de cada cor, pasa máis cantidade ou menos cantidade de calor ao interior”. Os usuarios deste sistema poden beneficiarse da colorterapia para superar “situacións anímicas baixas ou depresións”, con determinadas tonalidades. O titor, Carlos Pérez, explica que se trata dun “traballo moi divertido, ao engadirlle colorantes ao auga, co que conseguiron nas súas habitacións un efecto de colorterapia, que inflúe sobre o seu estado de ánimo”.

  • Fonte da información da nova: FARO DE VIGO
  • Podes ler máis información de Galiciencia premendo aqui

Compartir



20.12.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina

Opina








Axuda co Textile


Arquivo do blog



2011
01 de Xullo: Guía didáctica de instrumentos galegos
08 de Xuño: Caperucita camiña sola
12 de Maio: Trocando os paradigmas educativos
02 de Maio: Día da Terra
06 de Abril: Premio COAG arquitectura efémera
23 de Marzo: Premio de Literatura Infantil Barco de Vapor
15 de Marzo: Entrevista con Ken Robinson
07 de Marzo: O instante detido
28 de Febreiro: Arte na Aula 2011
23 de Febreiro: Laboratorio Municipal de Vigo
17 de Febreiro: Diccionario visual interactivo en inglés
10 de Febreiro: Pequetic
02 de Febreiro: Unha das mellores bibliotecas escolares de España está en Vigo
27 de Xaneiro: Galicia Bocaberta
19 de Xaneiro: Bibliotecas escolares de Galicia
14 de Xaneiro: Vigo participa con 17 alumnos na Olimpiada de Bioloxía
04 de Xaneiro: RIATE, Rede Iberoamericana de TIC e Educación
2010
20 de Decembro: Galiciencia 2010
14 de Decembro: Vigo Vello / Vigo Novo
09 de Decembro: Informe PISA 2009
02 de Decembro: O recuncho do mestre
22 de Novembro: Navega con rumbo
14 de Novembro: O colexio vigués Sobreira-Valadares, premiado polo Ministerio do Interior
08 de Novembro: Proxecto Abalar
28 de Outubro: Contidos educativos
20 de Outubro: ¿Qué é a biodiversidade?
13 de Outubro: ¿Qué é un blog?
08 de Outubro: Comezamos o curso!!
06 de Outubro: Programa "Arte na Aula"
30 de Setembro: Pantallas amigas
23 de Setembro: Eduga, revista galega do ensino
16 de Setembro: Proxecto Terra
10 de Setembro: Proxecto Gauss
06 de Setembro: Comeza o curso 2010 - 2011
15 de Xuño: Obradoiros de Teatro no verán
11 de Xuño: Voando cara a Terra
08 de Xuño: PequeTIC
03 de Xuño: Alumnos de 7 centros escolares de Vigo cultivan hortas ecolóxicas
01 de Xuño: Imos ao Xardín Arboretum
24 de Maio: I Xornadas de Teatro Escolar
22 de Maio: En memoria da aula ao aire fresco
17 de Maio: O colexio Frián-Teis premiado pola aplicación de novas tecnoloxías no ensino
11 de Maio: Os mellores videos educativos
03 de Maio: Unidades didácticas do Salinae
27 de Abril: matemáTICas
26 de Abril: Vigopordentro agora no Facebook
20 de Abril: Xogar e aprender en Vigo
15 de Abril: Leer.es
12 de Abril: Modela a túa cidade en 3D
05 de Abril: "A viaxe a Grecia", mellor material educativo 2009

Subscrición á lista de distribución



Para estar ao día das novidades subscríbete á lista de distribución. Recibirás información actualizada do que está a suceder en Vigopordentro.









Interesado en participar no blog?

Se tes interese en participar no blog cos teus artigos ou anotacións, ponte en contacto con nós.