Trátase dunha aplicación informática pensada para o desenvolvemento en aulas TIC ou en casa (podendo facer partícipes tamén ás familias) da nova materia de Filosofía e cidadanía que se imparte en 1º de bacharelato.
O núcleo constitúeo unha novela didáctica escrita para a ocasión, con case duascentas páxinas e cen ilustracións a todo cor. A partir dela ofrécense un profesor virtual; fichas de contido; guías didácticas; extractos dun blog e unha wiki desenvolvidos como modelo de utilización da web 2.0. no ensino secundario; diversas actividades entre as que destacan as elaboradas a partir de vídeos, audios, cuestionarios interactivos, etc.; e outras como os comentarios de texto dirixidos ou os glosarios autoevaluables que teñen como finalidade o reforzo das competencias lectoras.
Gonzalo Trespaderne Arnaiz e Manuel Merlo Fernández
5.04.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina