Por fin comezamos as visitas para infantil e primaria o pasado día 22 de setembro e as de secundaria, bacharelato e ciclos o día 29. De momento parece que as chuvias dannos un pequeno respiro e podemos desenvolver con normalidade os percorridos e obxectivos didácticos.
Este ano engadimos visitas novas que de novo teñen éxito entre todos os centros. O noso obxectivo principal segue sendo que os nenos e nenas de Vigo coñezan mellor a súa cidade. As parroquias, barrios, espazos naturais, patrimonio cultural, o centro histórico, os xardíns máis importantes, os edificios, a historia, a economía..; en fin, todo o que forma parte do noso pasado, o noso presente e o noso futuro. Quédanos una asignatura pendente, e esa é o mar. Sair a ría está dentro dos nosos obxectivos máis cercanos. Agardamos poder conseguilo o antes posible.
Vos deixamos un artigo sobre unha entrevista feita á nosa Concelleira Laura Atrio e na que destaca o programa dentro das actividades do departamento.
8.10.10 | Publicado por Jordi Castro | Opina