A nova exposición Caperucita Camiña Soa. A reintroducción da infancia na cidade, reflexiona sobre as dificultades de nenos e nenas na súa relación co medio urbano, centrando especialmente a atención en aspectos urbanísticos, de mobilidade e culturais-educativos. Así mesmo, aproxímase á importancia do camiño escolar como un espazo de ensaio da autonomía infantil e de mellora das cidades (achegando un vídeo sobre o tema como recurso complementario) e tamén a algunhas iniciativas postas en marcha en diversas localidades que tratan de facer das rúas un espazo máis seguro e amable para a infancia.
Esta nova exposición do CENEAM ofrece un achegamento atractivo e multidimensional a un asunto complexo que presenta múltiples perspectivas, e pode ser un recurso especialmente interesante para aquelas administracións e organizacións que están desenvolvendo programas educativos de mellora urbana con participación infantil ou que centran o seu traballo na mobilidade.
A exposición consta de dous partes que se complementan: unha é un conto para os máis pequenos, e outra son uns paneis con información suplementaria para os adultos.
8.06.11 | Publicado por Jordi Castro | Opina