Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu exitoso percorrido, co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar.
Esta proposta educativa concreta a dinamización da Mostra Itinerante 2011 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A Mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.
28.02.11 | Publicado por Jordi Castro | Opina