Compromiso dos centros escolares participantes



  1. O/a profesor/a responsábel do programa educativo municipal Vigo por Dentro no centro escolar será quen reciba e realizará as comunicacións relativas ao desenvolvemento das visitas didácticas e toda a información referente ás mesmas, e encargarase de facelas chegar aos demais profesores implicados.
  2. Os profesores/as deberán acompañar o grupo durante toda a actividade e colaborar no bo desenvolvemento das actividades programadas.
  3. Ao comezo da visita entregar á monitora do programa as autorizacións de todos os alumnos/as que van participar na actividade.
  4. Os/as profesores/as que acompañen o grupo encargaranse de levar a folla de traballo (se é o caso) correspondente á visita que van realizar, que se repartirá durante a súa realización e que poderán descargar da páxina web do programa.
  5. Só se realizarán fotografías e gravacións audiovisuais previa autorización dos pais/nais/titores dos escolares.
  6. Ao rematar a visita didáctica, cubrir o cuestionario de avaliación vía web, facendo as suxestións e observacións que consideren oportunas para a mellora do programa.

Comentarios








Axuda co Textile



Comentarios

12.02.09

A visita á Escola-Obradoiro “Mar de Vigo” foi moi interesante,tivemos unha cálida acollida dos alumnos da escola e dos responsables da formación que reciben ,malia o frío que ía. Valoramos o labor que alí se fai moi positivamente.
As rapazas e rapaces estiveron engaiolados cos traballos que alí fixeron.


27.09.10

A visita estivo moi ben organizada e a información que se deu, era moi sinxela para os nosos alumnos e alumnas, que entenderon moi ben as cousas. O peor, é que solicitamos esta saida tamen para nenos en cadeira de rodas, pero,non foi asi, xa que habia sitios non habilitados. A informacion que se dá no programa sobre que é accesible a todos os nenos e erronea, pero a visita en si, moi interesante.


19.10.10

A visita realizada o día 5 de Outubro ,polos alumnos de 3º de Primaria do colexio Emilia Pardo Bazán a Viveiros ADOA foi moi interesante, a pesar do tempo que non nos axudou nada, era un día húmido e de moita névoa . A persoa encargada foinos levando por todo o viveiro explicando dunha forma sinxela e amena as diferentes clases de plantas.Esta visita sempre nos resultou moi positiva.
Sinto mandar o meu comentario fóra do prazo.


21.11.10

A visita realizada o día 17 de Novembro polos nenos e nenas de E.I. ao HIPERMERCADO ALCAMPO pareceunos interesante e entretida, pero consideramos un inconvinte o ter que poñer esa “roupa” especial, dun tallaxe enorme, a todos os nosos alumnos e alumnas. Ademais, chegamos a conclusión de que o primeiro trimestre non é o mais adecuado para as visitas cos nenos e nenas de tres anos porque se dispersan moito.


 

Acerca | Condicións de uso | Normas do programa | Contacto | RSS

Concello de Vigo