Nesta unidade estúdase a cidade de Vigo dende un enfoque interdisciplinar e didáctico. Son dous os principais obxectivos nos que se apoia. Por un lado, preténdese que o alumno/a coñeza o seu contorno e o integre no seu coñece- mento. Por outro lado, é importante que ó alumno/a descubra a utilidade dos contidos que aprende. Constantemente o alumnado pregunta para que serve o que está a aprender, des- te xeito pode aplicar o que estuda nos libros na súa vida cotiá.