Vigo é unha cidade cun grande desenvolvemento urbanístico no século XX. Medrou moi rápido nun curto espacio de tempo, o que non significa que non queden elementos patrimoniais de épocas anteriores. Algúns dos xacementos ou depósitos arqueolóxicos do termo municipal coma o Castro de Punta do Muíño, a Vila Romana de Toralla, as Mámoas de Candeán ou mesmo os petroglifos diseminados por diferentes parroquias, atópanse entre os máis destacados da arqueoloxía galega.