A serie de cadernos didácticos para escolares sobre historia da arquitectura de Vigo preséntase como material de apoio para dar a coñecer a evolución da cidade dende o seu nacemento. Os materiais están ideados a partir de catro guías para o traballo nas clases con fichas didácticas para o alumno e o profesor, material gráfico e percorridos para facer a pé.